Examen acceso a graos artísticos superiores en deseño

INFORMACIÓN XERAL ACCESO AOS GRAOS EN DESEÑO

Se estas pensando en estudar deseño tes que ler isto.

Unha EASD é unha Escola de Arte e Superior de Deseño.
En Galicia hai 4 Escolas de Arte e Superiores de Deseño de titularidade pública, dependentes da Xunta de Galicia:
• EASD Pablo Picasso, en A Coruña.
• EASD Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.
• EASD Ramón Falcón, en Lugo.
• EASD Antonio Failde, en Ourense.

Nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño pódense estudar:
• Ensinanzas Artísticas Profesionais (EEAAPP): Ciclos Superiores de Artes Plásticas e Deseño en distintas especialidades. (2 cursos, con prácticas en empresas e realización de obra final)
• Ensinanzas Artísticas Superiores (EEAASS) en Deseño: Titulacións superiores equivalentes a todos os efectos aos títulos de Grao universitarios. (4 cursos, con prácticas en empresas e Traballo Fin de Estudos) deseño gráfico, deseño de interiores, deseño de produto e deseño de moda

SOBRE AS PROBAS DE ACCESO ÁS EEAASS DE DESEÑO

Para acceder a estes estudos e necesario realizar unha proba específica de acceso, e ter o bacharelato ou ben facer unha proba específica de madureza, a parte de ter 18 anos ou ben cumprilos nese ano. Se se vai aprobar ese ano bacharelato bastará con marcar o apartado de pendente de titulación na solicitude das probas, e antes do día das probas especificas haberá que aportar a titulación

A continuación veremos en que consiste estas probas.

A proba de madureza. (só se non se cumpre o requisito de titulo de bacharelato)

Esta proba consta de varios apartados: Lingua e literatura galega, lingua e literatura castelá, lingua estranxeira (inglés ou francés), historia de España e filosofía.

As probas de historia de España e filosofía constan de preguntas tipo test do temario de filosofía e historia de España de bacharelato. Podes ver nos exames de outros anos que non son preguntas moi complicadas, pero ollo, que por cada resposta incorrecta descontan un tanto da puntuación, así que más vale contestar só o que saibas seguro.

As proba de lingua e literatura galega e castelá constan de un  texto, do que hai que facer un breve resume, uns exercicios sobre palabras ou expresión do texto, e unha batería de preguntas tipo test. Nas preguntas tipo test os erros penalizan.

A proba de lingua estranxeira consta tamén de un texto do que se nos fan unha serie de preguntas tipo test (aquí non se desconta por resposta incorrecta) e tamén teremos que facer unha redacción relacionada co texto.

Como vedes as probas de madureza non son moi complicadas, e basta con que a media de todas elas nos de un 5 para poder pasar a seguinte fase.

Proba especifica de acceso

Esta proba consta de dúas partes

Primeira parte

Na primeira parte atopámonos con un texto sobre o cal teremos que facer un comentario crítico amosando os nosos coñecementos sobre o deseño. Sobre este texto tamén se nos farán unha serie de preguntas relacionadas co arte e o deseño

Segunda parte

A segunda parte consta de dous exercicios, un primeiro exercicio de debuxo a man alzada ao natural, pode ser que ese ano teñamos que debuxar unha peza pequena, como unha pinza, un afiador, etc ou ben unha composición grande como un conxunto de caixas e manequín nun espazo. Polo tanto para este primeiro exercicio e preciso dominar o debuxo a man alzada, so conceptos de perspectiva, figura humana, encaixe, proporcións, debuxo axonométrico, claro escuro…

O segundo exercicio desta segunda parte pode tomar dúas variantes, ben pode ser facer unha representación técnica do obxecto, ou conxunto do primeiro exercicio, facendo as vistas en diédrico, planta alzado e perfís necesarios; ou ben pode ser, tamén a partir do primeiro exercicio, facer un cartel, ou unha composición inspirada na composición do primeiro exercicio, a cor, onde mostraremos as nosas capacidades gráficas.

Nesta proba especifica e preciso que consigas a máxima puntuación, pois o acceso e por nota de corte, canto mellor nota obteñas mais posibilidades de entrar tes.

Se estas pensando en prepara a proba podes pedirnos información en info@lidiafiejoo.com ou no teléfono 644 59 94 93, levamos anos preparando estas probas e sempre conseguimos que os nosos alumnos entren sen problema.